Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca perde co Levante (2-1) e aínda non certifica a permanencia

O Deportivo Abanca perde co Levante (2-1) e aínda non certifica a permanencia

Foto: @LUDfemenino
G24.gal 20/04/2025 15:02

Pechar a permanencia estáselle resistindo ao Deportivo Abanca, que este mediodía perdeu na súa visita ao Levante. Aos once minutos adiantouse o equipo local cun gol de Eva Alonso tras o saque dun córner. 

Pero Bárbara ía igualar para o Dépor Abanca só catro minutos despois. Remataba un centro dende a banda de Ainhoa.

O empate mantívose ata o comezo do segundo tempo. Aos catro minutos do reinicio, Estela facía o 2-1 para o equipo levantino. O cadro herculino queda igualmente a catro puntos da permanencia á espera do que faga o Betis esta tarde na súa visita ao Real Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade