Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca garante a súa permanencia na Liga F

O Deportivo Abanca garante a súa permanencia na Liga F

O empate diante do Sevilla (1-1) e a derrota do Betis propiciaron o final feliz para o cadro coruñés

G24.gal 11/05/2025 14:30

O Deportivo Abanca seguirá na máxima categoría. A unha xornada do final, o equipo coruñés logrou o obxectivo. E puido celebralo en Riazor ao remate do encontro ante o Sevilla, no que as de Fran Alonso lograron o empate que lles dá unha permanencia que se fixo de rogar nas últimas semanas. A resolución chegou nos últimos minutos. O Sevilla adiantouse no marcador no minuto 89 por medio de Eva Llamas. Pero o Deportivo reaccionou de inmediato, e só un minuto despóis llograba a igualada cun gol da estadounidense Elyse Bennet.

Os resultados noutros campos daban a salvación incluso coa derrota, pero co empate sabe mellor. Unha temporada chea de altibaixos tivo a súa culminación co gol de Bennet. Felicidade absoluta das brancoazuis nunha mañá na que tamén celebrou o Barça. Co seu triunfo por un contundente 0-9 a domicilio ante o Betis, o case imbatible conxunto barcelonista logrou o seu sexto título. A celebración non foi excesiva por respecto a un Betis que descende xunto ó Valencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade