Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca estréase cunha goleada en Abegondo

O Deportivo Abanca estréase cunha goleada en Abegondo

G24.gal 11/09/2022 14:11

Na primeira xornada de liga, o Deportivo Abanca foi o claro dominador do partido e non lle deu opcións ao Raio Vallecano, que apenas pasou do medio campo. Con todo, as coruñesas tardaron en converter en gol as súas grandes ocasións. O 1 a 0 non chegou ata o minuto 44, cando Cris Martínez, dende lonxe, sorprendía á porteira rival.

Xa na segunda metade, as coruñesas desencadeáronse. O dous a cero chegou no minuto 50, cun impresionante zapatazo de Charle desde fóra da área. Cinco minutos despois, Eva Dios establecía o 3 a 0 tras unha boa xogada na área de Ainhoa Marín. O 4-0 definitivo marcouno Milene logo dun centro de Laura Fernandez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade