Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca derrota o Español no engadido e colócase de líder

O Deportivo Abanca derrota o Español no engadido e colócase de líder

O partido contra un rival directo decidiuno Millene con dous goles, o segundo no engadido

G24.gal 27/01/2024 18:18

Na primeira federación feminina, esta mañá viviuise un partido de moita importancia para o loita polo ascenso á maxima categoría. 

Enfrontábanse os dous grandes aspirantes, o Deportivo Abanca e o Español. A vitoria foi para as galegas e chegou no tempo engadido. Na primeira parte Millene adiantou ao Deportivo e Mar Torras logrou o empate. Cando ese resultado semellaba xa definitivo, unha boa xogada de ataque das de Irene Ferreras culminou cun centro de Ainhoa Marín e o remate á rede de Millene Cabral. Era o minuto 95.

O dobrete de Millene vale ouro, pois permítelle ao Deportivo recuperar o liderado con tres puntos de vantaxe sobre o seu máximo rival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade