O Deportivo Abanca busca a primeira vitoria visitante contra o DUX Logroño
O partido dispútase mañá a partir das 16:00h en Logroño
Nova oportunidade para o Deportivo Abanca para estrear as vitorias como visitante. Mañá volve xogar fóra, ante o Dux, un acabado de ascender que está nos postos escuros da táboa.
Así que semella unha boa ocasión para que o equipo de Fran Alonso dea un empurrón e ascenda na clasificación, o que lle permitiría tomar máis distancia co descenso.
O equipo herculino non gaña dende comezos de decembro e quere resarcirse da derrota ante o Badalona da xornada anterior. E coñecendo ó rival, a concentración é clave.
Paula Gutiérrez apunta na previa que o DUX "é un equipo que acaba de ascender, quere quedar na Liga F. É un equipo moi físico, con 2 ou 3 xogadoras con calidade. Sabemos a importancia deste partido, e imos sair o máis concentradas posible para poder gañar fóra da casa."