Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca recibe mañá á Real Sociedade na Copa, buscando o desquite ligueiro

O Deportivo Abanca recibe mañá á Real Sociedade na Copa, buscando o desquite ligueiro

O partido verémolo ás 12 da mañá a través da G2

G24.gal 20/12/2025 13:33

O Deportivo Abanca enfróntase mañá coa Real Sociedade en RIazor, no partido de oitavos de final da Copa da Raíña.

Será un compromiso complicado para o equipo coruñés, que precisamente a pasada fin de semana caeu con claridade ante as donostiarras en liga por tres a cero. A Real, terceira clasificada na competición ligueira, semella favorita, pero o torneo do KO é terreo abonado para as sorpresas.

O adestrador deportivista, Fran Alonso, mostouse ilusionado ante o reto que se lle presenta ao Deportivo Abanca para pechar este 2025. "É o último partido do ano, un partido que nos encanta xogar", indicou o técnico, "E unha oportunidade para aprender dos erros da fin de semana pasada, e coa opción de pasar á seguinte eliminatoria. A xente aquí aperta moito, non llelo imos poñer doado ás teóricas favoritas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade