Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta pon a proba o seu mellor momento da temporada en Anoeta

O Celta pon a proba o seu mellor momento da temporada en Anoeta

Os de Giráldez buscarán mañá (18:30h) a súa cuarta vitoria consecutiva na Liga

G24.gal 24/01/2026 14:22

O Celta pecha mañá unha semana histórica na que conseguiu a clasificación matemática para a seguinte rolda da Liga Europa. Agora toca liga, en Anoeta, mañá ás seis e media, para seguir o bo camiño deste 2026. 

No adestramento desta mañá, o último antes de marchar cara San Sebastián, o Celta fixo bo iso de "a mal tempo, boa cara". O tempo non puido ser peor. A borrasca Ingrid facendo das súas. Pero no rostro dos xogadores celestes todo era luz. 

Claudio Giráldez confirmou o gran momento dos seus na previa, pero tamén do rival: "Gañar sempre da motivación e convencemento no que fas. É certo que eles tamén están nun gran momento. Estamos vivindo os dous o mellor momento da temporada."

Sobre a Real, avisou: "Fixeron 7 puntos de 9, gañaron na Copa e tiveron toda a semana para preparar o partido. Pero nós, coa dinámica que levamos, podemos igualar ese déficit"

Tamén falou das variantes tácticas do Celta: "Usamos tres sistemas diferentes nos últimos tres partidos e conseguimos gañalos", rematou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar