Cargando resultados...
O Deportivo confía no efecto Riazor diante do líder
O partido contra o Rácing de Santander dispútase mañá a partir das 21:00h
G24.gal
24/01/2026 13:53
A costa de xaneiro continúa para o Deportivo con outro partido da máxima esixencia. Chega o líder a Riazor, un Rácing de Santander que marcou en tódalas xornadas do campionato e que chega con catro puntos de vantaxe sobre o equipo coruñés. Un choque importantísimo que xa comezou nas salas de prensa.
Pois feita esa análise, o adestrador racinguista ten claro o que non pode permitir que pase nun partido contra o Deportivo.
Entre esas chaves debería estar o efecto Riazor, que será unha caldeira na noite do domingo.
O Deportivo precisará a súa mellor versión neste trascendental compromiso ante un rival máis que directo na loita polo ascenso.