Cargando resultados...
O Deportivo Abanca acada unha cómoda vitoria sobre o Dux de Logroño en Abegondo
G24.gal
24/09/2022 13:45
O Deportivo Abanca non lle deu opción ao seu rival, o DUX de Logroño, e sumou unha vitoria por 3 a 0 que o consolida na parte alta da clasificación. As coruñesas adiantáronse ao cuarto de hora de partido cun remate de Paula Gutiérrez.
Houbo que agardar á segunda metade do partido para que chegasen os dous goles que completaron a goleada. O segundo, aos catro minutos da continuación, cunha xogada persoal de Millene logo de recibir un balón longo. E o terceiro caeu no minuto setenta e tres. Ainhoa foi quen rachou outra vez a defensa recibindo un envío desde campo propio. Sumábase así unha nova vitoria nese camiño marcado polo Deportivo Abanca que busca o ascenso á máxima categoría.