Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor busca a primeira vitoria da Liga ante o Valencia

O Dépor busca a primeira vitoria da Liga ante o Valencia

Tras o acordo, volverá contar co apoio da afección

O Valencia aínda non marcou un gol

Hidalgo necesita que "melloren co balón"

Foto LaLiga
G24.gal 30/08/2026 12:16 Última actualización 30/08/2026 15:45

Noutros tempos falar dun Deportivo-Valencia era falar dalgo máis dun partido de fútbol. Supoñía evocar sentimentos, moitas veces encontrados, que rápido viaxaban da tristura por aquel penalti de Djukic, á ledicia polo gol de Alfredo e ver a Xosé Ramón erguer o trofeo da Copa, como campión. Un Deportivo-Valencia era falar da alternativa, de dous equipos de enorme potencial que aspiraban a quitar protagonismo a Madrid e Barça.

Pero os tempos pasan e agora a historia é outra. Porque o Dépor volve a Primeira tras oito anos e o Valencia é un equipo austero, tanto que obriga o seu técnico a "inventar" para seguir sendo competitivo. Esta xornada conta amáis coas baixas de Maffeo e Guido González, dous dos seus nomes máis importantes. E chega a Riazor ser sen quen de marcar aínda un gol.  

O Deportivo busca a primeira vitoria da temporada. Hidalgo xa avisou que teñen que mellorar con balón. Que de actitude e en defensa a cousa vai, pero de construír fútbol andan xustiños. E tamén se felicitou porque, para esta xornada, recibiu a mellor das noticias; a paz social, o acordo que devolve ao rego a relación coa afección. E esa é a mellor noticia, a mellor fichaxe. Porque nada deste ascenso, deste Dépor de Primeira se entende sen a afección.

Deportivo-Valencia, esta tarde ás 19:30 horas, con arbitraxe do madrileño Ortiz Arias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade