Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno compremete máis medios ante un dispositivo xa "sen precedentes"

O Goberno compremete máis medios ante un dispositivo xa "sen precedentes"

Blanco lembrou que é a Xunta a que está a cargo da emerxencia e destacou "a máxima colaboración do Goberno central" para o reforzo dos dispositivos cando se solicita

A conselleira do Medio Rural insiste nas dificultades para apagar uns incendios impredicibles

A UME na extinción do incendio de Oímbra. Imaxe da conta de X do Ministerio de Defensa @Defensagob.
G24.gal 16/08/2025 20:41 Última actualización 16/08/2025 21:26

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, sinalou este sábado que o dispositivo despregado polo Goberno na loita contra o lume "non ten precedentes" e continuará "ampliándose segundo as necesidades de cada momento", xa que o Goberno "está con Galicia" #ante esta grave vaga de incendios.

Así o manifestou Blanco tras reunirse na Delegación da Xunta en Ourense co subdelegado Eladio Santos, funcionarios da UME, incluído o coronel Alberto Salgas, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e outras autoridades rexionais.

Posteriormente, Blanco visitou o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) para coñecer de primeira man a situación e a evolución dos lumes.

Segundo o delegado, desde o Goberno "non se están escatimando esforzos na loita contra os incendios", polo que pediu que se afronten "con unidade, responsabilidade e a forza de todos".

Blanco, que lembrou que é a Xunta a que está a cargo da emerxencia, destacou "a máxima colaboración do Goberno central" para o reforzo dos dispositivos cando se solicita.

"Todos os recursos do Goberno de España estiveron traballando en Galicia desde o principio para afrontar a difícil situación, en coordinación coa Xunta e os municipios afectados", expresou.

Uns 500 efectivos da UME atópanse actualmente mobilizados en Galicia, ademais de brigadas aéreas, terrestres e do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, persoal da Brilat, Protección Civil e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

O delegado manifestou "o seu apoio e agarimo" ás persoas afectadas polos incendios e pediu á poboación "que sigan as instrucións dos servizos de emerxencia e eviten desprazamentos innecesarios ás zonas afectadas".

Tamén condenou os incendios provocados e subliñou que os pirómanos "serán identificados e condenados".

Polo momento hai 3 persoas detidas e 22 investigadas en Galicia, grazas ao labor das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que manteñen abertas as investigacións para identificar os responsables.

Segundo ha indica Delegación do Goberno en Galicia, o presidente Pedro Sánchez transmitiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "toda a axuda que Galicia necesita, ofrecendo reforzos inmediatos".

Sánchez visitará mañá Ourense para reunirse cos responsables dos dispositivos e avaliar a situación sobre o terreo.

Castela-A Mancha anuncia o envío de efectivos a Galicia

O Plan de Incendios Forestais de Castela-A Mancha (Infocam) enviou este sábado un convoi terrestre composto por un equipo de maquinaria pesada con dúas bulldozer e 12 bombeiros forestais e axentes ambientais para colaborar nos incendios de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade