Publicador de contidos

Publicador de contidos

Val do Dubra, sen estar na zona de máxima alerta por chuvia, acumulou 150 l/m2

Val do Dubra, sen estar na zona de máxima alerta por chuvia, acumulou 150 l/m2

Algúns veciños pasaron a noite en vela pendentes das enchentes do Tambre

G24.gal 27/01/2026 14:30

O Tambre rebordou en Portomouro, anegou hortas e patios e deixou somerxidas mesas, pérgolas e ata pilas de leña. Subiu case dous metros de nivel e acabou entrado ata o patio da casa de Ramón Lueiro, que non puido descansar ata preto das cinco da mañá.

"Onte ás catro e media chamei ao 112 e falamos coa propia central do encoro de Pedro Barrié de la Maza por se podían aliviar un pouco máis, pero xa nos comunicaron que estaban vertendo o máximo que lle permitían os protocolos. Ante situación coma esta, de tanta auga en tan pouco tempo, queda pouca marxe de manobra", explica Diego Luís Díaz, o alcalde de Val do Dubra.

Ramón, un veciño, explica que a súa casa é de mediados do XIX, e di que a peor inundación foi nos oitenta, cando tiveron o río cinco días metido na casa por unha avaría nas comportas.

Val do Dubra non estaba entre os 16 concellos que onte foron avisados co sistema ES-alert, pero acabou acumulando 150 litros/m2. A suba do Tambre e do Dubra non chegou a anegar -como notras ocasións- o patio do colexio, pero o arrastre de terra e pedras provocou atascos nos sumidoiros de Bembibre que aínda esta mañá trataban de solucionar os operarios de Viaqua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade