O curso escolar 25/26 comezará o 8 de setembro e finalizará o 19 de xuño
A vacacións do Nadal irán do 22 de decembro ao 7 de xaneiro; as do Entroido, do 16 ao 18 de febreiro, e as de Semana Santa, desde o 30 de marzo ata o 6 de abril
Aberta desde este xoves a inscrición na selectividade para alumnos que acaben Bacharelato este curso

O curso escolar 2025/26 comezará o próximo 8 de setembro e concluirá o 19 de xuño para todas as etapas educativas, excepto para os segundos cursos dos ciclos formativos de grao Básico, Medio e Superior de FP, que concluirán as clases o 15 de xuño, segundo o calendario publicado este xoves no Diario Oficial de Galicia.
As disciplinas de réxime especial poderán atrasar o inicio do curso ata o 15 de setembro, como moi tarde, atendendo ás súas características e particularidades, explica a Consellería de Educación nun comunicado.
Ademais, os alumnos de 2º de bacharelato finalizarán as clases de acordo ás datas previstas para as probas de acceso á universidade (PAU).
Os alumnos de Educación Infantil que comezan a súa etapa escolar por primeira vez terán un período de adaptación que non poderá superar o 12 de setembro.
En canto ás vacacións, Nadal estenderase entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro (inclusive); Entroido, entre o 16 e o 18 de febreiro; e Semana Santa, desde o 30 de marzo ata o 6 de abril (inclusive).
Tampouco serán días lectivos as festas de ámbito estatal nin os festivos oficiais da comunidade, así como o Día da Educación, 31 de outubro (venres); e o 3 de novembro (luns).
O próximo curso, ademais, celebraranse as probas de avaliación de diagnóstico fixadas polo Goberno para 4º de primaria entre o 20 e o 24 de abril, e para 2º da ESO, entre o 13 e o 17 de abril.