Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cumio da ONU sobre Cambio Climático comeza no corazón da Amazonia do Brasil

O Cumio da ONU sobre Cambio Climático comeza no corazón da Amazonia do Brasil

Empeza oficialmente este luns cunha longa lista de tarefas pendentes e a misión de poñerlle freo á crecente vaga de negacionismo sobre o quecemento global

Nesta cita van participar representantes duns 170 países 

G24.gal 09/11/2025 19:24 Última actualización 09/11/2025 19:57

O Cumio sobre Cambio Climático da ONU, o COP30, prepárase para comezar oficialmente este luns en Belém, no corazón da Amazonia do Brasil.

Os mandatarios teñen unha longa lista de tarefas pendentes e a misión de poñerlle freo á crecente vaga de negacionismo.

Representantes duns 170 países participarán nunha cita marcada por profundos cambios xeopolíticos, un número récord de conflitos armados, disputas comerciais e importantes líderes mundiais que sementan dúbidas sobre o quecemento global.

Esta é a primeira vez que a conferencia climática se celebra no maior bosque tropical do planeta, un ecosistema vital para a regulación da temperatura global, pero tamén un dos máis ameazados pola deforestación e a minería ilegal.

A COP30 celébrase ata o 21 de novembro. Estes días xa houbo reunións preliminares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade