Rueda ve "enorme inseguridade xurídica" nos decretos de vivenda
O presidente da Xunta asegura que "se contradín", polo que aventura que terán efectos negativos
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, saúda o exvicepresidente do Banco Central Europeom Luis de Guindos, durante a inauguración da xornada Empresa (EFE/Moncho Fuentes)
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, opinou este xoves que os dous decretos aprobados polo Goberno en materia de vivenda xeran unha "enorme inseguridade xurídica" e "contradinse entre si", polo que aventurou efectos negativos.
Na xornada Empresa Hoy, organizada por Nueva mutua sanitaria, demandou "chegar a solucións eficaces e executivas" e cre que debe respectarse o marco leal, "que é todo o contrario do que está a pasar agora mesmo".
Para el, é "a partir da estabilidade política" é cando pode haber "estabilidade xurídica, económica, empresarial e social", pois pola contra existen "efectos perniciosos".
Nese sentido, citou os "decretos contra o reloxo" en materia de vivenda aprobados esta semana polo Goberno en Consello de Ministros, que considera que xeran "unha enorme inseguridade xurídica" e que, ademais, "se contradín entre si".
Chamou a atención tamén sobre os orzamentos, que "é a primeira lei de toda Administración". Lembra que en Galicia aprobaranse nas próximas semanas para que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2027, mentres no Estado hai "cantidade de cousas que non se poden facer" porque as últimas contas son de 2023.