O cultivo do chícharo de raposo está a introducirse como rotación ideal cos cereais
A planta achega nitróxeno á terra, por iso está considerada un bo fertilizante
É un legume rico en proteína, ideal para alimentación dos animais e das persoas
A planta do chícharo de raposo é pouco coñecida en Galicia, pero dáse ben nos solos galegos. Rico en proteína, este legume é ademais un fertilizante natural.
Víctor, criador de porto celta, sementou preto dunha hectárea con chícharos de raposo destinados á alimentación dos seus animais.
Este cultivo alterna perfectamente cos cereais.
Ten un alto rendemento porque dunha hectárea cultivada pódense obter entre 2 ou catro toneladas de chícharos de raposo.
Neste caso, este legume, que está dentro das vaíñas, como as ervellas, está destinado aos animais, pero a mesma variante vale tamén para as persoas.