O CSD apoia a Balaídos para entrar no Mundial 2030
Uribes destaca a "potencialidade máxima" do estadio vigués

O presidente do organismo, José Manuel Rodríguez Uribes, visitou este mércores o estadio de Balaídos para referendar o seu apoio a un recinto "marabilloso" e cunha "potencialidade máxima" cando estea acabado. O máximo responsable do CSD acudía xunto ao alcalde da cidade, Abel Caballero, ao que lle reiterou o seu compromiso de que continuará na pugna a pesar de ser excluída inicialmente pola RFEF.
"Non debemos falar de suplentes, ao contrario. Aquí son todo titulares e Vigo ten que ser titular", sinalaba ante a posibilidade de que entrase no caso de que algunha das once elixidas non estivese lista a tempo.
"Hai que facer o camiño coas 13 sedes e ver se ao final cumpren", "será froito da responsabilidade de cada sede e cada club".
A capacidade hostaleira e os transportes foron outros dos motivos polos que cre que a FIFA debería admitir a proposta española de elevar a 13 os recintos no noso país, o que implicaría incluír a Vigo e Valencia.