Cargando resultados...
O Coruxo non pode co Langreo nun partido trepidante (3-2)
O equipo vigués conseguiu igualar un 2-0, pero apañou o gol da derrota pouco despois
G24.gal
10/09/2023 22:24
En Langreo viviuse un partido trepidante, do que o Coruxo non deu sacado nada positivo. Adiantouse axiña o equipo asturiano. Marcaba Nané cando so ían disputados tres minutos de xogo. E o propio Nané puxo o dous a cero, que lles deixaba as cousas moi difíciles aos vigueses.
Pero aínda faltaban corenta minutos, e o Coruxo conseguiu a igualada. Primeiro David Añón marcaba o 2 a 1. E despois, empataba Davo. Pero catro minutos despois, no 78, Imad establecía o tres a dous definitivo.
O Coruxo queda con tres puntos, os que acadou na xornada inaugural.