Publicador de contidos

Publicador de contidos

O corte da A-6 pon en perigo o tráfico de compoñentes eólicos no porto de Ferrol

O corte da A-6 pon en perigo o tráfico de compoñentes eólicos no porto de Ferrol

As empresas asumen un 50 % de sobrecusto polos desvíos do tráfico

G24.gal 10/06/2022 15:12

O corte da A-6 limita a circulación do transporte especial. Cada día móvense pola A-6 un total de oito transportes especiais só para o traslado de pas eólicas entre a Meseta e Ferrol.

Os problemas loxísticos que provoca agora o derrubamento do viaduto supoñen un novo sobrecusto para as empresas, que estiman en máis dun 50 %. Ante esta situación, algunhas delas están optando por desviar a produción.

Para o porto de Ferrol o tráfico de eólicos supón unha das áreas principais de negocio. Por iso piden que se habiliten horarios especiais que permitan dar servizo ás empresas.

Os técnicos traballan sobre o terreo para determinar as causas que puideron provocar o derrubamento do viaduto. Polo momento o corte da autovía é por tempo indefinido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar