O Corpiño celebra o seu día grande de romaría
O santuario de Lalín volveu acoller fieis, logo de dous anos, moi pendentes do tempo e moitos con máscara
Centos de devotos e romeiros danse cita este venres en Lalín. Celebran o día grande da Romaría do Corpiño, que recupera o seu explendor tras a pandemia.
Acabada a novena hoxe chegou o día grande. Volvía o corpiño con moitas persoas provistas de máscara nunha mañá moi pendentes da evolución nas condicións atmosféricas.
"Intentamos que volva todo á normalidade intentando facer todos os rituais, como a procesión que se non chove teremos despois e que durante a procesión os fieis poidan pasar por debaixo da virxe", dicía José Criado Sánchez, reitor do santuario.
Hai fieis procedentes de lugares diversos que se estrean na romaría. E tamén a Belen, que se declara gran devota da virxe do Corpiño. Di que desde hai 22 anos en que superou un cancro diagnosticado de terminal converteuse en asidua do santuario lalinense.
"Todos os domingos e se non podo, veño pola semana, sempre fago un momentiño aínda que non haxa misa e estea a capela pechada sempre teño un momento para achegarme aquí e simplemente dar grazas", di Belén.
O ambiente neste corpiño de verán era máis fresco do habitual e, polo que contan nos postos de venda e comidas sen alcanzar a concorrencia de antes da pandemia.