O Cornellá remóntalle ao Celta Fortuna nos últimos dez minutos
Noutro partido da xornada, o Arenteiro igualou (0-0) no campo do Osasuna B
O Celta Fortuna apañou a segunda derrota da temporada. Foi ante o Cornellá, nun partido en que foi mellor no primeiro tempo pero cedeu nos intres finais.
Raúl Blanco marcou un bo gol aos 29 minutos para adiantar o filial. Porén, o Cornellá foi superior no segundo tempo e tivo o primeiro con dous goles postremeiros. Marcou Mamor Niang no minuto 83 e, xa superado o 90, Clau Mendes fixo o definitivo 1-2 cunha excelente acción individual.
O adestrador do Celta B Claudio Giráldez estaba moi amolado co rendemento dos seus futbolistas e foi contundente: "Vénnos moi ben a derrota, vainos custar moito manter a categoría. A idea de que estamos feitos para máis fai que te relaxes".