Publicador de contidos

Publicador de contidos

O convento de Santa Clara en Pontevedra acolle os Premios da Cultura Galega 2023

O convento de Santa Clara en Pontevedra acolle os Premios da Cultura Galega 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que a cultura ha de "equivaler sempre a liberdade e a diversidade"

G24.gal 07/02/2024 19:01 Última actualización 07/02/2024 21:25

O convento de Santa Clara de Pontevedra foi escenario este mércores da entrega dos Premios da Cultura Galega 2023 que concede a Xunta.

Neste acto, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que a cultura ha de "equivaler sempre a liberdade e a diversidade".

Os premiados este ano son Eduardo Pardo de Guevara (Patrimonio Cultural), o Museo do Gravado á Estampa Dixital (Artes Plásticas), Yolanda Castaño (Letras), os cursos de verán de galego sen fronteiras para estranxeiros (Proxección Exterior), PistaCatro (Artes Escénicas), Banda de Música Unión de Guláns (Música), Portocabo (Audiovisual), e Ponte... nas Ondas! (Lingua).

Catuxa Salom e Caamaño & Ameixeiras puxeron a banda sonora ao acto, en que se proxectou un video mapeo sobre o retablo barroco da capela do convento, coa historia da evolución das nosas artes e unha Rosalía de Castro feita con intelixencia artificial.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade