Publicador de contidos

Publicador de contidos

O contrato para o corredor sur ferroviario de Vigo asinarase en xullo

O contrato para o corredor sur ferroviario de Vigo asinarase en xullo

O secretario de Estado de Transportes reitera en Vigo o compromiso co AVE ao Porto

G24.gal 16/03/2023 20:48 Última actualización 16/03/2023 21:36

O novo secretario de Estado de Transportes David Lucas asegurou  en Vigo que o contrato  para a saída sur ferroviaria pode estar asinado en xullo.  

"A idea que manexamos é facer todo o posible para que a sinatura do contrato poida estar no mes de xullo e a partir de aí avanzar para que a saída sur de Vigo poida ser unha realidade", explicou.

Nun encontro co alcalde da cidade, Lucas dixo que se presentaron cinco proxectos que agora entran en fase de estudo por parte do ministerio.

A saída sur ferroviaria é una peza clave para a nova liña de alta velocidade Vigo-O Porto coa vista posta en 2030 de acordo cos compromisos manifestados polos gobernos de España e Portugal.

David Lucas tamén reiterou a aposta do ministerio pola variante Cerdedo-Cotobade, o túnel do Porriño e a humanización da AP-9 ao seu paso pola cidade. Anunciou que hai unha proposta dun novo convenio con moito máis presuposto para poder afrontar as obras da Avenida de Madrid, unha cara infraestrutura cofinanciada co Concello que confían poder facer no que cualificou dun prazo razoable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar