Publicador de contidos

Publicador de contidos

O consumo de té aumenta de forma imparable desde 2019

O consumo de té aumenta de forma imparable desde 2019

Asociado ao equilibrio e o benestar, gusta polas súas propiedades e a gran variedade de sabores

G24.gal 22/02/2026 16:27

O té é a segunda bebida máis consumida no mundo, despois da auga, pero en España aínda está lonxe de alcanzar a popularidade do café. Non obstante nos últimos anos apréciase un cambio de tendencia grazas, en boa medida, á incoporación de novos sabores e ao auxe das bebidas saudables.

O mundo bebe cada día máis de 4.000 millóns de cuncas de té, unha bebida infusionada cun papel central en moitas culturas, nomeadamente na anglosaxona. En España, onde o dominio do café é indiscultible, o consumo de té non deixa de medrar desde o ano 2019. 

"Os mesmos que servimos na cafetería témolos na tenda gourmet. Temos tés que nos traen dende Alemaña, variedades americanas e os clásicos británicos", explia Miguel Ángel Villaverde, que atende a tenda gourmet de Pandelino na Coruña.

Os clásicos, como o té negro ou o té verde, segue estando entre os máis solicitados, pero cada vez é máis difícil escoller porque o mercado do té en particular e o das influsións en xeral incoporan constantemente novos sabores.

"Temos clientes que sempre van ao mesmo sabor, pero hai outros que un día proban un e, se lles gusta, o mercan na tenda. Despois volven outro día e proban outro", comenta.

Asóciase ao equilibrio e ao benestar. Para moitas persoas o momento do té converteuse xa nun ritual ineludible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade