Publicador de contidos

Publicador de contidos

É seguro o aceite de bagazo de oliva?

É seguro o aceite de bagazo de oliva?

Tras analizar 9 marcas, a OCU atopou substancias que poden aumentar o risco de cancro e alterar o ADN

​​​Os expertos afirman que é seguro consumilo sempre e cando non sexa de forma habitual e prolongada no tempo

Este subproduto do aceite de oliva virxe está especialmente indicado para os fritidos porque soporta temperaturas máis altas
 

O aceite de bagazo é un subproduto do oliva virxe que se obtén dunha segunda centrifugación
G24.gal 27/03/2026 09:24

O aceite de bagazo de oliva obtense dos subprodutos do froito mediante procesos industriais. É valorado na cociña sobre todo para fritir polo seu sabor neutro e porque soporta temperaturas máis altas. 

"Teño entendido que é bo, sobre todo para fritir".

"Si, eu na fritura"; "Parece máis consistente e segundo creo é algo máis san que o de xirasol", comentan dúas consumidoras.

Sobre esta cuestión hai agora dúbidas despois que se atoparan substancias tóxicas en 9 marcas analizadas de xeito aleatorio pola OCU. En todas elas había concentracións de MOAH, hidrocarburos aromáticos que teñen un potencial carcinoxénico. Con todo os expertos fan un chamamento á calma.

"Isto é unha intoxicación, é un efecto por un consumo prolongado no tempo, non por un consumo puntual nunha marca nin nada", explica Alexandre Lamas, profesor na facultade de Veterinaria USC.

Este tipo de aceite está máis exposto a estes contaminantes que os de oliva virxe polo seu proceso de elaboración e envasado.

"Esa contaminación prodúcese por contacto cos materias da industria alimentaria e ca maquinaria e prodúcese esa migración ao alimento", continúa o experto.

Mentres a Unión Europea está elaborando unha normativa para fixar límites de concetranción de MOAH nos alimentos, en España hai que seguir as recomendacións da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) que fixa a limitación destas substancias en 10 miligramos por quilo de aceite de bagazo.

"Cos datos actuais dunha forma segura pódese consumir o aceite de bagazo, non hai ningunha problemática", conclúe Alexandre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade