Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso da SEMES reclama desde Galicia un MIR específico para medicina de urxencias

O Congreso da SEMES reclama desde Galicia un MIR específico para medicina de urxencias

 España e Portugal son os únicos países de Europa en que non se recoñece esta especialidade

G24.gal 08/06/2022 14:50

Desde este mércores e ata o venres, en Vigo, danse cita máis de 4.000 médicos, enfermeiros e técnicos que van participar en relatorios e mesas redondas e tamén en obradoiros onde máis de 1.200 nenos de varios colexios de Vigo teñen a oportunidade de aprender as técnicas de resucitación cardiopulmonar.

"Queremos que os rapaces aprendan como se activa a cadea de supervivencia, que teñen que facer en caso de que sexan testemuñas dun colapso, activar o 061, comprobar se a persoa respira e se non respira comezar a facer compresións, porque as nosas mans poden salvar vidas", explica Manuel Alende, vogal da SEMES en Galicia.

O 32 Congreso da SEMES ten relatorios, mesas redondas e casetas informativas coas últimas novidades da especialidade. Porque iso, unha especialidade médica, é o que reclaman os case 4.000 participantes desde congreso, que é o maior de Europa neste eido de coñecemento.

"Quedou máis ca demostrado nesta pandemia que se precisa unha especialidade en urxencias para médicos e enfermeiros e que todo o que queira dedicarse a tratar patoloxía urxente poida ter un MIR específico e así dar a mellor atención aos nosos doentes, que é o que se busca", afirma Camilo Vázquez, coordinador autonómico da SEMES RCP. 

E serviría tamén para non detraer recursos humanos da Atención Primaria, porque os do 061, por exemplo, serían especialistas con formación específica e non médicos de familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade