Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso aproba o uso medicinal do cánnabis

O Congreso aproba o uso medicinal do cánnabis

O Goberno ten un prazo de seis meses para regularizar o cánnabis medicinal como complemento terapéutico

G24.gal 27/06/2022 18:02

A Comisión de Sanidade e Consumo do Congreso aprobou definitivamente este luns o ditame no que o Goberno deberá basearse para regularizar, nun prazo de seis meses, o cánnabis medicinal como complemento terapéutico para acougar a dor dalgunhas patoloxías.

O documento saíu adiante co mesmo resultado que obtivo a semana pasada na subcomisión: os 20 apoios do PSOE, Unidas Podemos, Cidadáns, PdeCAT, e PNV, as 2 abstencións de ERC e EH Bildu e os 14 rexeitamentos dos deputados de PP e Vox.

Con este aval empeza o prazo do que dispoñerá o Ministerio de Sanidade para atopar "encaixe" na normativa das recomendacións parlamentarias, que inclúen o uso para a dor crónica -tamén o neuropático-, o oncolóxico, a endometriose, a espasticidade en pacientes con esclerose múltiple, algunhas formas de epilepsia e as náuseas e vómitos derivados da quimioterapia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade