Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso aproba manter o uso obrigatorio da máscara en exteriores

O Congreso aproba manter o uso obrigatorio da máscara en exteriores

Controversia por incluír a revalorización das pensións no mesmo real decreto

 

G24.gal 01/02/2022 21:33

O Goberno conseguiu sacar adiante a convalidación do real decreto que obriga a seguir usando a máscara na rúa. A validación foi aprobada por unha escasa marxe, 162 votos a favor, 153 en contra e 28 abstencións.   

Varios dos grupos que votaron a favor, como o BNG, aseguraron que non o fan por confianza nesta medida senón para non prexudicar os pensionistas. O Goberno meteu na mesma norma sobre medidas sanitarias a revalorización das pensións non contributivas conforme ao IPC.

Este foi un dos asuntos que centrou o debate parlamentario.  Varios dos partidos que se abstiveron ou votaron en contra chegaron a falar de intento de chantaxe por parte do Goberno.

En contra votaron PP, Vox, Ciudadanos e Foro Asturias. A popular Ana Pastor acusou o executivo de improvisar medidas e criticou que dous anos despois non conte cunha lei de pandemias.

A ministra de Sanidade Carolina Darias lembrou que o uso da máscara en exteriores é unha medida temporal ata que baixen os indicadores de risco desta sexta vaga, algo, que reiterou, xa está comezando a pasar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar