Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calvos de Randín rexistra a temperatura máis baixa de Galicia, con -8,8 graos

Calvos de Randín rexistra a temperatura máis baixa de Galicia, con -8,8 graos

 As temperaturas máis baixas desta xornada corresponden a municipios con altitude inferior aos 900 metros como Calvos de Randín, con -8,8°, e Verín (Ourense), con -7,4°

Friaxe intensa pero moito sol e sen rastro de choivas

G24.gal 24/01/2022 11:27

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia, con -8,8 °C, nunha xornada en que a de Ourense se inclúe entre as 19 provincias con aviso por risco por mor das xeadas polas baixas temperaturas.

Segundo os rexistros de Meteogalicia, ata as 09:15 horas deste luns, as temperaturas máis baixas desta xornada corresponden a municipios con altitude inferior aos 900 metros, como Calvos de Randín, con -8,8°, e Verín (Ourense), con -7,4°.

Ségueos o concello ourensán de Baltar, con -6,8° e o lucense de Sarria, con -6,5°; en Monforte de Lemos (Lugo) rexistráronse -6 °.

En canto ás localidades de montaña, con máis de 900 metros de altitude, as temperaturas mínimas corresponderon este luns a Vilariño de Conso (Ourense), con -3,4°, A Veiga con -3,4° e á ourensá de Manzaneda, con -2°. 

O abrente do día deixa á vista a Limia enteira branca. Nesta comarca están afeitos ás xeadas e continúan os seus rituais diarios como se non acadasen 9 graos baixo cero, en Calvos de Randín a temperatura mínima do país.

A comarca de Monterrei leva tamén varios días consecutivos no 'top 5' de lugares máis fríos de Galicia, en Verín hoxe sete graos e medio negativos pero practicamente toda a provincia de Ourense conxelouse esta noite con aviso amarelo por baixas temperaturas.

Sorprende moito unha imaxe á que hoxe moitos lle quitaban fotos, na cidade de Ourense as fontes conxeladas e con carambelos. Tamén limpar os coches hoxe na capital estaba complicado porque ata os xardíns do centro tiñan xeada.

Con estas temperaturas tan baixas non queda outra que poñer capa sobre capa. Friaxe intensa pero moito sol e sen rastro de choivas e mañá, segundo Meteogalicia, será moi semellante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar