Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Xinzo cancela o petardazo e o domingo fareleiro

O Concello de Xinzo cancela o petardazo e o domingo fareleiro

En Xinzo quedan sen petardazo e sen fareleiro, os primeiros eventos do Entroido

O Concello está pendente de que se concreten as restricións para saber que facer co resto do calendario festivo

G24.gal 14/01/2022 14:35

Tres semanas antes de que comece o Entroido máis longo da Península, o de Xinzo de Limia, o Concello anuncia que non haberá nin petardazo nin fareleiro por mor da pandemia. 

O contador que marca os días que faltan para o comezo do Entroido está apagado, un sinal de que a celebración está no aire.

Preocupación non só en Xinzo, tamén noutros recunchos da provincia onde os preparativos están en marcha, malia que contan con renunciar aos eventos multitudinarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade