Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia celebra o 80 aniversario da vitoria cunha parada militar na praza Vermella

Rusia celebra o 80 aniversario da vitoria cunha parada militar na praza Vermella

Desfilaron máis de 10.000 soldados rusos acompañados por militares de trece países

O presidente ruso, Vladimir Putin dixo que continuarán os esforzos por combater o nazismo referíndose á guerra en Ucraína

Alexei Maishev / RIA Novosti / REUTERS Alexei Maishev / RIA Novosti / REUTERS
G24.gal 09/05/2025 09:10

A parada militar polo 80 aniversario da vitoria do Exército Vermello contra a Alemaña nazi na Segunda Guerra Mundial comezou este venres pola mañá na praza Vermella de Moscova.

O desfile, presidido polo comandante supremo das Forzas Armadas e xefe do Kremlin, Vladimir Putin, comezou ás 10:00 hora local. O presidente proclamou que o seu país nunca esquecerá as leccións da contenda mundial, na que a URSS, perdeu 26 millóns de persoas, oito millóns deles soldados e acusou a Ucraína de "manter vivo" o nazismo.

Aínda que Kiív non se sumou oficialmente á tregua unilateral de tres días declarada por Putin, os drons ucraínos non augaron a festa do Kremlin e desde a véspera non sobrevoan territorio ruso.

Na tribuna estaban presentes líderes dunha trintena de países, incluídos A China, O Brasil, Exipto, Eslovaquia, Venezuela e Vietnam, entre outros, ademais de veteranos de guerra rusos, estadounidenses e israelís.

En total, desfilaron máis de 10.000 soldados rusos, aos que se uniron militares de trece países, incluída unha garda de honra chinesa.

Membros da garda chinesa marchan antes do desfile na praza Vermella (Maxim Bogodvid/RIA Novosti / REUTERS) Membros da garda chinesa marchan antes do desfile na praza Vermella (Maxim Bogodvid/RIA Novosti / REUTERS)

Putin promete combater o nazismo 

O presidente ruso, Vladimir Putin, prometeu este venres, durante a parada militar seguir combatendo o nazismo, acusando directamente a Ucraína. Ao evento asistiron unha trintena de mandatarios estranxeiros, pero só un dirixente occidental, o primeiro ministro eslovaco, Robert Fico.

"Rusia foi e será unha barreira infranqueable para o nazismo, a rusofobia e o antisemitismo, loitará contra as brutalidades dos promotores desas ideas agresivas e destrutivas", dixo Putin durante a súa intervención desde unha tribuna instalada na praza Vermella diante do Mausoleo de Lenin.

O presidente ruso Vladimir Putin pronuncia un discurso no aniversario da vitoria da Segunda Guerra Mundial. (Sputnik / Gavriil Grigorov / REUTERS) O presidente ruso Vladimir Putin pronuncia un discurso no aniversario da vitoria da Segunda Guerra Mundial. (Sputnik / Gavriil Grigorov / REUTERS)

Putin, que pediu un minuto de silencio en memoria dos caídos, asegurou que "a verdade e a xustiza" están do lado ruso á hora de combater o nazismo, acusando ao presidente ucraniano, Volodimir Zelenski.

"Todo o país, a sociedade, o pobo apoian os participantes na operación militar especial. Sentimos orgullosos da súa valentía e tesón, esa forza de espírito que nos outorgou sempre e unicamente a vitoria", dixo.

Ao mesmo tempo, rendeu tributo ao papel xogado polos países aliados na derrota das tropas hitlerianas, recalcando que Rusia valora "altamente a contribución á nosa vitoria común dos soldados dos exército aliados, os participantes na resistencia, o valente pobo chinés e a todos aqueles que combateron en pos dun futuro en paz".

Putin e Xi, inseparables

Putin compareceu na tribuna entre o líder chinés, Xi Jinping, e o centenario veterano soviético Iván Martinushkin, a última testemuña con vida que participou na liberación do campo de concentración de Auschwitz a mans do Exército Vermello o 27 de xaneiro de 1945.

O líder chinés, Xi Jinping, e o presidente ruso, Vladimir Putin, comparten impresións durante o desfile militar. (Ivan Sekretarev / Mikhail Korytov / RIA Novosti / REUTERS) O líder chinés, Xi Jinping, e o presidente ruso, Vladimir Putin, comparten impresións durante o desfile militar. (Ivan Sekretarev / Mikhail Korytov / RIA Novosti / REUTERS)

Putin e Xi Jinping amosaron o seu achegamento con continuos comentarios entre eles sobre as unidades e os equipos militares que desfilaban polo empedrado da praza. A proximidade dos líderes mantívose incluso durante a ofrenda floral ante a tumba ao soldado descoñecido.

A esta conmemoración asistiron o brasileiro Lula da Silva, o venezolano Nicolás Maduro e o cubano Miguel Díaz-Canel, e tamén dirixentes autoritarios como o presidente de Guinea Ecuatorial, Teodoro Obiang; o líder da xunta militar de Birmania, Min Aung Hlaing, e o presidente bielorruso, Alexandr Lukashenko.

Á tribuna tamén foron convidados veteranos de guerra estadounidenses e israelís, pero non houbo representación dos países aliados da Unión Soviética na contenda mundial, que si asistiron ao 50 e 60 aniversario en 1995 e 2005.

Demostración de forza militar 

Polo empedrado da histórica praza marcharon este venres unhas 130 máquinas de guerra, entre elas os lendarios tanques soviéticos T-34 e as pezas de artillería autopropulsada SU-100, empregados durante a Segunda Guerra Mundial.

Unha das estrelas da parada serán os mísiles balísticos intercontinentais Yars, que teñen un alcance de ata 12.000 quilómetros. Tamén se puideron ver T-90M Proriv, o primeiro tanque ruso cunha caixa automática de velocidades; a peza de artillería Malva de calibre 152, montada sobre un chasis BAZ con oito rodas; os mísiles balísticos Iskander e o novo transporte blindado Kurganets-25.

Vehículos militares rusos desfilan pola praza Vermella en Moscova (Anton Vaganov / REUTERS) Vehículos militares rusos desfilan pola praza Vermella en Moscova (Anton Vaganov / REUTERS)

A novidade foron os drons, que Rusia continúa empregando na Guerra de Ucraína. En particular, desfilaron os Gueran-2, os drons espía Orlán e os kamikaze Lantset, que marcharon a bordo de camións todoterreo Kamaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade