Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Concello de Oleiros alerta os veciños dunha estafa telefónica
Ofrecen cosméticos de balde e piden un número de conta para os gastos de envío
 
            
                            G24.gal
                        
                            08/04/2022 12:07
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Concello coruñés de Oleiros está a advertir os seus veciños sobre unha posible estafa telefónica.
Varios residentes xa contactaron coa Policía Local para informar de que acaban de recibir unha chamada que en nome do Concello os convidaba a participar nunha enquisa.
A cambio recibirían un lote de produtos cosméticos. Tamén lles pediron un número de conta para pagar o envío. O Concello xa presentou denuncia ante a Garda Civil.
 
 
         
                
                
				   
             
    
         
                .png) 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                 
            
        