Publicador de contidos

Publicador de contidos

A figura do comprador persoal inmobiliario asesora o cliente para adquirir a súa vivenda

A figura do comprador persoal inmobiliario asesora o cliente para adquirir a súa vivenda

É unha profesión recente, pero cada vez con máis demanda, xa que mesmo supón un aforro no prezo

O experto busca e valora os inmobles segundo as necesidades do cliente

G24.gal 27/04/2024 14:10 Última actualización 27/04/2024 15:55

Un comprador persoal inmobiliario representa ao cliente do mesmo xeito que un avogado o fai no ámbito legal. O seu traballo consiste en facer unha investigación sobre "todo o que está dispoñible no mercado, facer todas as valoracións técnicas e legais" para asesorar o cliente e axudalo a escoller a mellor opción de vivenda.

A figura do asesor persoal inmobiliario é bastante recente, pero cada vez ten máis demanda. Segundo os seus propios datos, o aforro na compra dunha vivenda en Lugo pode chegar ao 15 %. En Galicia hai tres profesionais recoñecidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade