Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela de Cardeñosa saca un punto insuficiente do Malecón (1-1)

O Compostela de Cardeñosa saca un punto insuficiente do Malecón (1-1)

Jorge Cano adiantou os santiagueses, pero empatou Héctor Tirado

G24.gal 26/03/2023 19:39

Logo dunha semana convulsa en Santiago, e da destitución de Fabiano, o Compostela estreou nova etapa baixo as ordes de Cardeñosa cun empate en Torrelavega que non lle permite seguir na segunda praza da clasificación.

Houbo que agardar ao treito final para ver os goles do partido. O cadro santiagués comezou marcando, por medio de Jorge Cano, no minuto 71. E os xogadores celebrárono facendo piña cos membros do banco. Pero dez minutos despois, Héctor Tirado empatou para os cántabros.

Non houbo máis goles, e o punto non lle abonda ao Compostela para seguir o ronsel do Arenteiro, seguinte rival dos santiagueses no Vero Boquete, onde vai chegar 14 puntos por diante na táboa. A renda con respecto ao Zamora, sexto clasificado, é so de tres puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar