Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela afrontará a última xornada con opcións de xogar a fase de ascenso

O Compostela afrontará a última xornada con opcións de xogar a fase de ascenso

Impúxose ao Avilés e terá que derrotar o Raio Cantabria e agardar que o Langreo non gañe o seu partido

G24.gal 28/04/2024 14:41

Parecía imposible hai un par de xornadas pero o Compostela chegará á última xornada con opcións de xogar a fase de ascenso. Por mor dun gol do Langreo no último intre no partido contra o Zamora non dependerá de si mesmo. Precisa gañarlle ao Raio Cantabria nun duelo directo e que o Langreo non venza no seu partido.

Tiña que gañarlle ao Avilés e fixo os deberes (3-1). Saiu o equipo de Permuy moi mentalizado e antes do minuto vinte xa atopara os goles de Caballé e David Grande. O Avilés, que xogaba a permanencia, recortou diferenzas cun tanto de Davo. Pero ao pouco de comezar a segunda metade Samu marcou cun disparo desde a frontal e deixou o partido sentenciado a prol dos santiagueses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos