Cargando resultados...
O Compos recupera o camiño do triunfo e aperta a parte alta da táboa
G24.gal
13/02/2022 14:32
Na segunda federación, o Compostela recuperou momentaneamente a terceira posición cun importante triunfo no Vero Boquete.
Os de Rodri derrotaron ao Leganés B grazas a esta acción protagonizada por dous homes que entraron no campo na segunda metade. Centra Escudero e marca cun axustado remate Rafa Mella para anotar o seu primeiro gol da tempada.
Nun partido no que o clima condicionou o fútbol, os de Rodri suman de 3 grazas a ser máis efectivos que o seu rival, que tivo unha ocasión clarísima xusto antes do gol dos composteláns