Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno analiza un posible ciberataque e un erro técnico como causas da apagada

O Goberno analiza un posible ciberataque e un erro técnico como causas da apagada

Puxo en marcha dous grupos de traballo para estudar por separado ambas as dúas motivacións

A presidenta de Rede Eléctrica Española ofreceu a súa máxima colaboración para analizar a orixe do corte 

O comité para a análise do apagamento, reunido este sábado, segue á espera de reunir "toda a información requirida"

Imaxe do segundo encontro do comité. EFE/Juan Carlos Hidalgo
G24.gal 03/05/2025 09:11 Última actualización 03/05/2025 16:24

O comité para a análise do apagamento do 28 de abril, que se reuniu por segunda vez este sábado, puxo en marcha dous grupos de traballo, un sobre un erro técnico e outro para analizar un posible ciberataque, como causas da caída da subministración eléctrica.

O primeiro grupo, centrado na operativa do sistema eléctrico, está coordinado por persoal do propio organismo liderado por Sara Aagesen e conta coa participación, en calidade de convidados, de representantes da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

O segundo grupo une esforzos no ámbito de sistemas dixitais e ciberseguridade baixo a coordinación do Ministerio de Transformación Dixital, segundo detallou o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A decisión de formar estes dous grupos xa a acordaran na primeira xuntanza.

O Ministerio tamén detallou que aínda están á espera de recibir toda a información requirida aos axentes do sistema (os máis de trinta centros de control de xeración, as empresas xeradoras e as distribuidoras). Porén, xa comezaron a analizar os datos recibidos.

A vicepresidenta terceira presidiu a xuntanza. EFE/Juan Carlos Hidalgo A vicepresidenta terceira presidiu a xuntanza. EFE/Juan Carlos Hidalgo

Reunión de máis de catro horas 

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen, presidiu a xuntanza deste sábado que se celebrou na sede madrileña de Rede Eléctrica de España.

Minutos antes do inicio do encontro, que durou máis de catro horas, a presidenta da compañía, Beatriz Corredor, ofreceu a súa máxima colaboración para avanzar no estudo das causas e reforzar a seguridade do sistema eléctrico. 

Rede Eléctrica completou este xoves a entrega de todos os datos solicitados para a análise que investiga o apagamento producido o 28 de abril.

Segundo a entidade, "esta caixa negra —onde se rexistra toda a información— supón un continxente de millóns de datos provenientes tanto da actividade da operación do sistema dese día coma do resto de sistemas informáticos da compañía".

Beatriz Corredor ao inicio do encontro. EFE/Juan Carlos Hidalgo Beatriz Corredor ao inicio do encontro. EFE/Juan Carlos Hidalgo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade