Publicador de contidos

Publicador de contidos

O colexio de Ourense en que caeu un muro sobre o patio prevé retomar as clases o venres

O colexio de Ourense en que caeu un muro sobre o patio prevé retomar as clases o venres

O patio vai permanecer precintado "ata que reúna as condicións adecuadas para o seu uso", comunica a dirección do centro

G24.gal 02/03/2023 11:32 Última actualización 02/03/2023 21:59

En Ourense é día de reconto de danos, de obras e de limpeza no colexio onde se derrubou un muro a raíz dunha obra externa nun edificio anexo. A dirección do centro conta con retomar as clases este venres, pero antes teñen que garantir a seguridade.

A imaxe do patio do colexio Cardenal Cisneros impacta. Este xoves todo son cascallos e lodo.

Só un día antes,  á primeira hora da tarde había aquí arredor de oitenta rapaces.

Os cativos subiran ás aulas minutos antes de que o muro cedera. 

Durante os traballos que se estaban a realizar para a acometida de gas na rúa, que pasa por riba do colexio, perforouse accidentalmente unha tubaxe. Tal foi a forza coa que saíu a auga que acabou por derrubar o muro.

Pegado á parte superior do muro, na rúa Fonte do Monte, hai un edificio diante do que se estaban facendo as obras.

Por precaución tivo que ser desaloxado. Hoxe os veciños, acompañados dos bombeiros, podían recoller algunhas pertenzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade