O Plan para o impulso da atención á diversidade da Xunta reforzará a dedicación ás necesidades especiais
O Plan para o impulso da atención á diversidade da Xunta reforzará a dedicación ás necesidades especiais
O plan comezará a aplicarse no próximo curso 2026-27 e terá unha dotación de 118 millóns ata o ano 2030
Arquivo (EFE/Lavandeira jr)
O Consello da Xunta aprobou este lun o Plan para o impulso da atención á diversidade, coa intención de comezar a aplicalo no próximo curso.
Segundo explicaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, contará un orzamento de 118 millóns de euros para investir ata o ano 2030.
O plan vai permirir a contratación de 200 novos especialistas de Pedegoxía Terapéutica para a Secundaria nos dous próximos cursos e consolidar a praza de 150 profesores de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Liguaxe en primaria.
Román Rodríguez detallou que o novo plan abarca catro ámbitos: dinamización de recursos; atención personalizada e liberdade de elección; formación e actualización de competencias; e simplificación da xestión e adaptabilidade da normativa.
O conselleiro destacou que logrando unha xestión máis áxil se poida garantir a liberdade de elección das familias e blindar o que se chama "educación ou resposta á carta", de xeito que poidan optar pola modalidade de escolarización que sexa mellor para o menor: ordinaria, en centros de educación especial ou combinada.
Rodríguez asegurou que "a realidade educativa e social cambia moi rapidamente e aparecen novos retos", polo que "a formación do profesorado ten que ser un feito vertebral e fundamental para mellorar a calidade do ensino".
Nesta liña, para o próximo curso, o plan de formación do profesorado contará cunha liña específica de atención á diversidade e os orientadores, especialmente os orientadores de nova incorporación, terán un deseño específico dun itinerario formativo para os mesmos.