O colexio Cervantes de Lugo destina á loita contra o cancro os fondos recadados na súa carreira solidaria
O colexio Cervantes de Lugo destina á loita contra o cancro os fondos recadados na súa carreira solidaria
4.000 euros para varios proxectos solidarios da cidade
Cun cheque simbólico, o colexio plurilingüe Cervantes de Lugo fixo entrega de preto de 4.000 euros para varios proxectos solidarios da cidade. Trátase dos fondos recadados na súa carreira popular, que a partir deste ano levará por nome Memorial Profe Alberto.
Os dous proxectos beneficiarios dos fondos son a asociación Somos, dedicada a axudar os enfermos de cancro en toda a provincia de Lugo, e mais Zebraglío, un proxecto de investigación do hospital Lucus Augusti que ten por fin buscar solucións para o glioblastoma. Trátase do tumor cerebral maligno máis común e agresivo, cunha supervivencia media dos pacientes duns 16 meses.
Tras dúas edicións transcorridas de forma virtual, para o ano vindeiro prevese recuperar a celebración presencial desta carreira solidaria.