Publicador de contidos
Publicador de contidos

O clima como principal causa do encaremento das froitas e hortalizas

O clima como principal causa do encaremento das froitas e hortalizas

O mal tempo fixo que aumentase o prezo nos mercados para intentar cubrir a demanda e os custos de produción

G24.gal 17/03/2023 14:10

O clima deste inverno é un dos principais causantes do encarecemento das hortalizas e a froita producidas en España. 

Fernando Veiga, xerente da Cooperativa Horsal, explica: "As condicións meteorolóxicas deste inverno foron peores que nos últimos dez anos".

Nas Rías Baixas comezou a chover o 16 de outubro e non parou ata xaneiro. Varios invernadoiros quedaron inundados e as plantacións anegadas.

Juan Andonegui, responsable de tendas de Frutas Nieves, tamén apunta ao clima: "Pasamos un outono moi quente e as froitas adiantaron a produción, e cando lles chegou o tempo veu o frio".

Tamén as verduras importadas dende o norte de Europa subiron o prezo, neste caso polo encarecemento da enerxía.

Produtores do Salnés perderon ata o 50 % da produción de leitugas, por exemplo. Unhas cifras que fixeron que aumentase o prezo nos mercados para intentar cubrir a demanda e os custos de produción. Falan dun cúmulo de factores que se vén sumar ao encarecemento de materias primas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade