O ciclista de Xinzo Carlos Canal ficha polo Euskaltel Euskadi
É o primeiro corredor galego que vai correr no equipo vasco
O ciclista de Xinzo de Limia Carlos Canal deixa o Burgos, co que correu dous anos como profesional, e ficha polo Euskaltel Euskadi, que destaca a súa proxección de futuro e as súas condicións de 'clasicómano'. Canal foi o corredor máis novo da última Volta Ciclista a España, que finalizou en Compostela.
Canal destacou na mountain bike e no ciclocrós, e a súa adaptación ao ciclismo de estrada sorprende a todo o mundo da familia ciclista. É o primeiro corredor galego que vai pertencer ao Euskaltel.
#EuskaltelEuskadi
— FundaCiclistaEuskadi (@FundaCiclisEusk) November 11, 2021
🚴♂️ El Euskaltel-Euskadi incorpora el talento y la versatilidad de Carlos Canal. https://t.co/f3CUDdhIZz
🚵♂️ Carlos Canal gaztearen dohain zabalak gehitu ditu taldeak. https://t.co/4Xc8oeNqx3
Benvido!#AupaEuskadi #IndarrakBatuta #UnimosFuerzas
📷 RFEC pic.twitter.com/17CQLJWjqr