O CHUAC estrea unidade de ensaios clínicos para avaliar novos fármacos
Comesaña indicou que os orzamentos para 2023 inclúen unha suba do 9,4 por cento na dotación do programa sobre investigación sanitaria
O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña estrenou unha unidade de ensaios clínicos que evaluará a efectividade de novos fármacos e que "representa un punto de inflexión no marco da investigación sanitaria", segundo explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.
O responsable da carteira sanitaria da Xunta puxo de manifesto o traballo do servizo de Oncoloxía Médica do hospital coruñés "pola súa ampla experiencia no desenvolvemento de estudos clínicos".
Comesaña precisou que ese servizo conta con máis de 160 ensaios clínicos activos que amplían a información dispoñible en terapias dirixidas ou inmunoterapia en distintos tumores sólidos e tamén aportan coñecemento sobre novos mecanismos de resistencia primaria adquirida.
O conselleiro valorou o "persoal altamente cualificado, capaz de ofrecer os tratamentos máis novedosos" cos que conta o CHUAC e as súas "instalacións multidisciplinares que favorecen unha atención de calidade aos pacientes".
Comesaña indicou que os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano inclúen unha suba do 9,4 por cento na dotación do programa sobre investigación sanitaria que pasa a 5,7 millóns de euros.