Publicador de contidos

Publicador de contidos

O champiñón convértese por uns días no rei das tapas en Ordes

O champiñón convértese por uns días no rei das tapas en Ordes

A festa dedicada a este cogomelo atrae milleiros de persoas

Numerosos establecementos ofrecen tapas de balde

 

G24.gal 27/04/2025 15:44 Última actualización 27/04/2025 17:08

O tempo acompañou desta vez e numerosos visitantes achegáronse a unha nova edición da festa do champiñón, na vila coruñesa de Ordes. Son xa 34 anos celebrando este evento no que varios establecementos reparten milleiros de tapas de balde entre os festeiros.

"Onte tivemos pincho de empanada con champiñóns, saíron moitísimas e hoxe xa hai empanada de champiñóns, champiñóns con touciño fumado e ao allo", conta Mari Carmen García, da cafetería Maral de Ordes, que ademais salienta que o segundo petisco é o máis solicitado.

Preséntase en crema, en empanada, ao allo e mesmo apostando por presentacións máis innovadoras, como nunha filloa salgada. Sexa como sexa, o champiñón é o rei por uns días.

"Nós acabamos de abrir un tema de cafés, gofres, e dixemos ¿por que non combinar unha filloa co champiñón?", reta Uxío Gómez, xerente de Bico café, tamén en Ordes.

Os numerosos visitantes que desfrutan desta festa que comezou o venres, tamén puideron pasar pola exposición de maquinaria ou pasear entre as propostas da feira da artesanía. Varias actividades musicais completan a oferta deste evento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade