Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Centro Dramático Galego leva 'O charco de Ulises' ao outro lado do Atlántico

O Centro Dramático Galego leva 'O charco de Ulises' ao outro lado do Atlántico

 A odisea da emigración galega chega aos escenarios da Arxentina e do Uruguai

G24.gal 02/12/2021 22:04

O CDG representará a obra en Bos Aires e acaba de facelo en Montevideo. A primeira actuación no Uruguai tivo unha grande acollida porque a odisea da emigración galega simboliza unha parte esencial da historia do país.

Para Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, é un feito histórico estar nestas dúas cidades.

 "É a primeira vez na historia do Centro Dramático Galego que estamos cunha produción propia"

A conexión co público foi inmediata e a acollida, espectacular.


"Fálanos das fronteiras e desa onda migratoria que chegou de Galicia ao Río da Prata e ese bandoneón ao principio..., ten recursos escénicos preciosos"

"Cun tema ademais que toca moi de preto a todos os uruguaios, que somos un país de emigración"

"Eu, que son neta de avós galegos, lembroume cando viñeron aquí ao Uruguai e deixoume pensando moito neles"

Ulises fará escala agora en Bos Aires. A idea é que esta pequena xira do Centro Dramático Galego abra camiño a novas travesías entre un e outro lado do Atlántico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade