Publicador de contidos
Publicador de contidos

O centro de Vigo segue sendo o máis caro de Galicia para alugar unha vivenda

O centro de Vigo segue sendo o máis caro de Galicia para alugar unha vivenda

O metro cadrado está case a 11 euros na zona vella

Alugar unha vivenda é un 5,2 % máis caro que hai un ano

G24.gal 05/05/2024 14:21 Última actualización 05/05/2024 14:37

Neste segundo trimestre do ano, Vigo continúa a ser a cidade galega onde custa máis alugar unha vivenda. Ademais os prezos seguirán subindo moderadamente neste 2024. 

A predición da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias é que neste primeiro semestre do ano os alugueiros en Vigo seguirán subindo moderadamente. Así que aquí seguimos no máximo histórico dos prezos desde que se publican rexistros, case 11 euros no centro da cidade e na zona vella.

No resto da cidade o prezo por metro cadrado está en 9,7 euros. Un piso de cen metros cadrados custa na milla de ouro uns 1100 euros. 

E como no resto das cidades españolas e europeas detrás desta presión sobre os arrendamentos está a proliferación de vivendas de uso turístico e unha maior demanda que oferta de vivendas.    

Na cidade de Vigo hoxe alugar unha vivenda é un 5,2 % máis caro que hai un ano e segundo a FEGEIN, a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias esta suba progresiva aínda non tocou teito.

No casco vello ou en rúas como Rosalía de Castro, García Barbón ou o Areal o metro cadrado chega ao récord histórico dos 10,8 euros. Un piso de 70 metros rolda os 800 euros ao mes e un de 100 os 1.100 euros.   

O prezo dos alugueiros de vivendas no centro das grandes cidades, en España e en toda Europa, leva anos subindo dun xeito gradual. Dous dos factores que inflúen neste feito son, o aumento das vivendas dedicadas a alugueiros turísticos e que exista máis demanda que vivendas para arrendar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade