O Centro da ONCE de Pontevedra acolle probas adaptadas da PAU
Mozos con dificultades de visión, audición ou outras poden facer a PAU en varios centros de Galicia
625 estudantes con necesidades educativas especiais están tamén a facer a PAU estes días. Os casos máis complexos fanse no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra. Alí están a examinarse 12 mozos.
Dous deles son Candela e Esteban. Candela ten dificultades de visión e aquí póñenlle ordenadores especiais e lupas, é de Ferrol e quere entrar en Dereito. Esteban precisa tamén un ordenador e quere estudar enxeñerería informática e ADE. É de Ourense.
O Presidente da Comisión Interuniversitaria de Galicia salientou que o noso país foi pioneiro e é referente neste tipo de probas e na detección de móbiles e sistemas de transmisión para copiar nos exames.
En 5 anos en Galicia triplícaronse os exames con medidas de adaptación.