Publicador de contidos

Publicador de contidos

O central serbio Aleksandar Pantic, reforzo para a defensa do Lugo

O central serbio Aleksandar Pantic, reforzo para a defensa do Lugo

Pantic: "Creo que poderei achegar ao equipo a miña experiencia e o meu percorrido. Veño para axudar e sumar ao grupo"

G24.gal 04/01/2023 12:22 Última actualización 04/01/2023 12:27

No Anxo Carro presentouse o novo xogador do Lugo, Aleksandar Pantic. Acompañado polo director deportivo, Carlos Pita, o internacional serbio subliñaba a súa satisfacción por regresar ao campionato español de man do equipo lucense, e apuntaba a seguridade do bloque na consecución dos obxectivos:

"Quería atopar o sitio adecuado. Acertei vindo aquí. Quería volver a España, e non dubidei en canto me chamaron"

"Creo que poderei achegar ao equipo a miña experiencia e o meu percorrido. Veño para axudar e sumar ao grupo. Gústame ser profesional, serio, un apoio para os demais"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar