O central Josep Gayá chega ao Lugo
O mallorquino ten experiencia tanto no fútbol nacional como no internacional

O Lugo anunciou esta mañá a incorporación de Josep Gayà, central de 25 anos con ampla traxectoria no fútbol profesional. Formado no RCD Mallorca, club co que chegou a debutar en Primeira División, o defensor balear competiu tamén na S. D. Amorebieta e no C. D. Tenerife. Na última tempada viviu unha experiencia internacional no Zimbru Chisináu de Moldavia, equipo co que disputou a fase clasificatoria da UEFA Conference League.
O central asina co conxunto albivermello por unha tempada, máis outra opcional en función de obxectivos, e incorpórase de inmediato á dinámica de adestramentos do primeiro equipo. Esta podería ser unha das últimas incorporacions do club lucense de cara a tempada 25-26.