Cargando resultados...
O celtismo recibe a Radu, Jutglà e Bryan Zaragoza en Balaídos
Este mércores, o club de Vigo organiza un evento para que a afección coñeza as tres fichaxes

G24.gal
06/08/2025 14:02
Última actualización 06/08/2025 14:24
O Celta anunciou que este mércores terá lugar unha cita aberta para a afección, aproveitando a presenza de Bryan Zaragoza no estadio para a súa conferencia de prensa de presentación. Ademais de Bryan, neste acto tamén estarán presentes Andrei Radu e Ferran Jutglà.
O evento celebrarase ás 19:00 horas, pero as portas de Balaídos abriranse media hora antes, coincidindo coa comparecencia de Bryan Zaragoza na súa rolda de prensa.
Trátase dun acto similar ao do 10 de agosto de 2022, cando foron dez os futbolistas novos que se presentaron e tiveron a oportunidade de coñecer á afección esa mesma xornada.